Sunday 28 de April de 2024

Arredor de 60 amantes do sendeirismo participan na xornada do Goza do Ulla en Boqueixón


 

O programa Goza do Ulla recalou esta mañá en Boqueixón, cun percorrido pola Ruta do Pescadores e do Río Grande. Arredor de 60 amantes do sendeirismo participaron nesta actividade coa que puideron coñecer de preto o amplo patrimonio natural, cultural e arquitectónico.

O punto de encontro foi o campo do río de Ledesma, onde se ofreceron unhas explicacións básicas sobre a historia da contorna, así como algúns detalles sobre o propio percorrido. O roteiro levou ás persoas asistentes ata a área recreativa de San Paio, na parroquia de Codeso, que estes días está en festas.

Unha experiencia do máis gratificante e enriquecedora para todas as persoas asistentes. O seguinte cita do programa Goza do Ulla será o veciño municipio de Vedra o vindeiro 4 de agosto.